5 de agosto de 2024
MEMORIAL JOSÉ E MANUEL CEA SEOANE

Iglesias Otero adxudícase o Memorial 2024

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

No día de onte, 4 de agosto, desputouse no Campo de Tiro Río Sar unha edición máis do Memorial José e Manuel Cea Seoane de Percorridos de Caza. Campionato puntuable para a Copa Galicia e desputado a 100 pratos en 2 líneas e 4 postos, e con máis de 70 tiradores participando. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

Rematada a competición, a clasificación final deu como claro gañador a Antonio Iglesias Otero que con 96 pratos escachados converteuse no campión desta edición 2024. O pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández foi o subcampión con 93 pratos. O bronce foi para o tirador Alfredo García Mendoça, campión da pasada edición, e que remataba con 92 pratos que lle daban o terceiro posto da Clasificación Xeral. 

Os seguintes tirador mellor clasificados foron: 4º Ángel Mosquera Cornide, 5º Daniel Domínguez Treinta, 6º Francesc Calvet Vela, 7º José Manuel Torres Parada, 8º Daniel Cebreiro García, 9º Protasio Hermida Suárez e 10º José Luis Otero del Río. 

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención ás casas e entidades patrocinadoras que reportaron un destacado e amplo número de agasallos para os tiradores participantes.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.