23 de setembro de 2024
PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA

O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

XXX Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro modalidade Coello

Con 56 cans participantes arrincaba, o sábado 21 de setembro, a edición XXX do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro modalidade Coello desputado no Tecor de A Laxe en Fornelos de Montes. 

O campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencionado terreo cinexético. Juan Ángel Alonso, Ramón Collazo, José Moure e José Alonso foron os xuíces da proba e José Manuel Martínez o Director da mesma.  

O cazador Jaime López Castro presentábase nesta proba co lote de beagles afixo Río Ulla composto por “Atila, Ares, Atos e Lluvia” co cal acadou unha puntuación de 475 puntos e converteuse no campión provincial. Alfonso Rey Baulde con “Fusta, Fura, Eira e Xesta” foi o subcampión con 470 puntos. Con 429 puntos remataba David Carballido Balado con “Largo, Cuki, Tronco e Alfa”.

A cadela “Atila” propiedade do campión provincial Jaime López tamén obtivo o galardón de Mellor Can con 135 puntos.

Este Campionato contou coa colaboración de Pensos Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.