14 de febreiro de 2025
CENSADORES

Censado de arceas dentro do "Proxecto Arcea" da FGC

Unha vez que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Clímatico deu luz verde á continuación do censado da arcea, unha vez rematado a súa caza, a Federación Galega de Caza lembra a obrigatoriedade do cumprimento da correcta metodoloxía do censado.

Os censadores acreditados que foron autorizados nos repectivos Tecores seguirán aportando datos, durante os vindeiros días hábiles para o censado, desta migratoria que, nun presente e futuro próximo, darán credenciais para seguir desfrutando da súa caza.

 Ao igual que aconteceu na pasada tempada 2023/2024 cando deu comenzó o “Proxecto Arcea” posto en marcha pola FGC, a entidade federativa agradece neste 2024/2025 o esforzó dos censadores na recollida e volcado de datos extraídos das súas xornadas de monte ao tempo que alenta a que tempada a tempada sexan máis os datos recadados que darán soporte técnico e rigor científico á defensa da da arcea e o seu aproveitamento cinexético.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.