Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL DE XABARIL SALVAXE
Bronce para Galicia no Nacional de Xabaril Salvaxe
2025-05-26

III Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe – III Copa España Xuvenil e II Copa de España Feminina

Por terceiro ano consecutivo Galicia acolleu o III Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe. Nesta ocasión a cita estrela dos monteiros nacionais de cans de rastro a traela trasladouse a terras de Ferrol, Ortigueira, Cariño, Valdoviño, Cedeira e Cerdido e contou coa organización da Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza.

Nesta edición voltouse tamén a desputar a III Copa de España para Xuveniles e a II Copa de España Feminina da especialidade.

Máis de 50.000 hectáreas de terreo puxéronse a disposición desta proba nacional que contou con 40 monteiros na categoría absoluta, 13 na copa xuvenil e 7 na copa feminina.

O venres 23 de maio, ás 20:00 horas, tiña lugar no Auditorio Municipal de Cedeira o acto de inauguración do campionato, a recepción de participantes e a entrega de dorsais. Terminando a xornada coa cea de benvida no local social da Sociedade de Caza Urogallo.

Coas primeiras luces do día, o sábado día 24, un equipo de rastrexados e guías realizaban a esencial e vital tarefa da búsqueda de rastros do porco bravo para poñelos a disposición dos participantes. Temos que destacar este intenso traballo realizado durante moitas xornadas previas para que o número de rastros fose máis que suficientes para que participasen os máis de 60 monteiros e monteiras.

Ás 9:00 horas os monteiros, cans, xuíces e guías trasladáronse aos seus respectivos campos para dar comenzo á competición. Na categoría absoluta os monteiros dividíronse en 5 campos para desputar a fase clasificatoria e os xuveniles e donas dispuxeron de cadanseu campo para competir por esa Copa España.

Para a desputa da final absoluta a organización, co Delegado Nacional Oscar Meijide ao fronte, tivo a ben clasificar os dous mellores monteiros de cada campo, sendo os seguintes:

Campo A: José Ramón Rivas con “Perla” e Saúl Fernández con “Valga”

Campo B: David Iglesias con “Cafu” e Alberto Pernia con “Pinto”

Campo C: Hugo Vega con “Caon” e Iván Pedre con “Ares”

Campo D: Iván Carbonero con “Dina” e Manuel Piñeiro con “Chacho”

Campo E: Mikel Iturralde con “Faraón” e César Bujedo con “Kaila”

Xa nas horas centrais, e baixo unhas altas temperaturas que complicou o bo facer dos cans, desputouse esa reñida final que deu como gañador ao vasco Mikel Iturralde con “Faraón" acadando unha calificación de 235 puntos e converténdose no campión do III Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabril Salvaxe.

A prata foi para Castela e León da man do monteiro Ivan Carbonero Sánchez e “Dina" cunha puntuación de 230 puntos. O bronce quedou en Galicia grazas á participación de José Ramón Rivas Vidal “Perla” e 219,5 puntos.

O tamén galego Manuel Piñeiro Aquino con “Chacho" tivo que conformarse coa cuarta posición e o cántabro Alberto Pernia González con “Pinto" foi o quinto clasificado.

O presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, procedeu a facer entrega da placa de campión da Copa Galicia 2025 da especialidade acadada por Rubén Gómez Ferreira con can “Sil”.

Os dous primeiros postos da III Copa España Xuvenil tamén se quedaron en Galicia. Hugo Caruncho Martínez con “Pulga” foi o campión desta terceira Copa España cunha calificación de 263 puntos, revalidando o título obtido o ano pasado. A plata foi para Brais Gómez Sabín con “Chanclas” e 244 puntos. O pequeno monteiro Asturiano, Iyan Canedo Pérez con “Barbas" obtivo o bronce con 238 puntos. Os anteriormente citados foron os rapaces que mellor calificación obtiveron pero estes foron os restantes campións: Asier Núñez, Hugo Palacio, Erik Iglesias, Leire Pernia, Brais Paz, Manuel Vega, Óscar Fernández, Paula Rodríguez, Alejandra Arnoso e Hugo López.

As monteiras galegas tamén quixeron deixar na nosa terra a II Copa Feminina de Xabaril Salvaxe grazas a campiona Bárbara Fontán Castro que participando co grifón azul de nome “Sono" obtivo o primeiro posto con 226 puntos. A monteira Iria Piñeiro Crespo con “Zidan” e 211 puntos foi a segunda clasficada. O bronce foi para  Silvia Pereira Zas con “Vasca” e 211 puntos.

Multitude de instántaneas para o recordo e a entrega de premios puxeron o punto e final a este Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe se fixo por parte das autoridades un agradecemento a toda a organización, concellos, participantes, guías, rastrexadores e patrocinadores.

Máis información en: https://fecaza.com/mikel-iturralde-y-su-grifon-faraon-se-coronan-en-iii-campeonato-de-espana-de-perros-atraillados-sobre-jabali-salvaje/

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TROFEO CAZARCO ASEXOS 3D
2025-05-26
Arqueiros ao asexo

CAMPIONATO GALEGO PERCORRIDOS CAZA
2025-05-26
Dominio absoluto de Domínguez Treinta no Autonómico de Percorridos de Caza

PONTEVEDRA PERCORRIDOS DE CAZA
2025-05-19
Daniel Domínguez novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PONTEVEDRA XABARIL
2025-05-19
Bárbara Fontán con “Sono” campiona en Xeve


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza