2 de xuño de 2025
CAMPIONATO GALEGO FIELD TARGET

Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en Rio Sar

VIII Campionato Galego de Field Target

O domingo 1 de xuño o Campo de Tiro Rio Sar acollía o Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Rio Sar.

Ás 9:30 horas os diferentes tiradores chegaban a Rio Sar e comenzaba a posta a punto coa apertura do campo de centrado. Lugar onde cada tirador fixo os reglaxes oportunos nas súas armas.

Ás 10:30 horas arrincaba a competición e os participantes enfrontáronse a 50 siluetas repartidas en 25 “calles” a unhas inclinacións e distancias de tiro de ata 50 metros. Sendo o intermitente e frouxo vento un engandido máis á dificultade de impacto nas “Kills zone”.

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi para Daniel Pérez Villar con 25 puntos. O segundo e terceiro caixón do podio era para Antonio López-Niño Pérez con 24 puntos e Luis Barcea Penas con 22 puntos, respectivamente .

Na modalidade de PCP16 o título de campión galego era para Fernando Chantada Abal con 36 puntos. Con 34 puntos Francisco Chantada Abal facíase coa prata namentres que Roberto González Brey era o terceiro clasificado con 32 puntos.

A entrega de premios puxo o punto e final a esta octava edición do Campionato Galego de Field Target.

Un campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.