Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA COELLO
Os beagles de Abralde Crujeiras gañadores do provincial coruñés de coello
2025-09-15

Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello "Xunta de Galicia"

O pasado 13 de setembro, desputábase a fase provincial coruñesa de Cans de Rastro sobre Coello "Xunta de Galicia". Proba que trascorreu nos terreos dos Tecores de Urogallo e Xubia, sendo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coas Sociedade de Caza de ditos Tecores. Un campionato especial xa que a delegación federativa da Coruña tivo a ben facer un recoñecemento á traxectoria deportiva do cazador e competidor José Manuel Méndez Campos.

Baixo a dirección da proba por parte de Secundino Carballo a xornada trascorreu sen imprevistos e os lotes participantes, nos seus respectivos turnos, foron quen de acadar altas puntuacións nas diferentes prestacións froito dos lances destes pequenos rastreadores.

Foi o lote propiedade de Fran Abraldes Crujeiras o que acadaba o título provincial participando cos beagles Truta, Luz, Barero e Lunae obtendo un total de 525 puntos. O subcampionato recaía en José Javier Suárez Rama participando cos tamén beagles Vara, Ventín, Tana e Timbae 522 puntos. O terceiro posto, con 492 puntos, era para o lote de leonados propiedade de Juan José Casal Tato cos seguintes cans “Nube, Cala, Mia e Malu”.

A beagle de nome “Timba" propiedade do subcampión José Javier Suárez Rama foi premiado como “Mellor Can da Proba” con 145 puntos.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Arion e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
2025-11-10
O pontevedrés Iván Moure coa podenca “Pomba” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Cañiza

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility

AUTONÓMICO CAZA MENOR CON CAN
2025-11-05
Os montes do Tecor A Cañiza outorgarán o título de Campión Galego de Caza Menor con Can 2025

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza