Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama
2025-09-22

XXXI Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”

No concello da Lama e concretamente nos terreos do Tecor San Bartolomé de Xesta, desputábase, o pasado sábado 20 de setembro, o XXXI do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”.

O campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencionado terreo cinexético. José Alonso, Óscar Esparís, Ramón Collazo e Francisco Vázquez foron os xuíces da proba e José Manuel Martínez o Director da mesma. 

Con humidade e boa densidade de coellos trascorreu esta xornada cinexética deportiva na que se visualizaron grandes lances por parte dos lotes de cans participantes e que non deixa de ser un preludio da apertura da tempada xeral de caza en Galicia.

O cazador Marcelo Arosa Dasilva presentábase nesta proba co lote de beagles composto por “Bora, Maya, Leroy e Martín” co cal acadou unha puntuación de 600 puntos e proclamouse novo campión provincial da modalidade. Alfonso Rey Baulde con “Fara, Fura, Eira e Xesta” foi o subcampión con 580 puntos. Con 500 puntos remataba Víctor Casqueiro Casqueiro en terceira posición cos cans "Blanca, Perla, Toxo e Pancho" e Javier Sánchez era o cuarto clasificado. O podio representará a Pontevedra na desputa do autonómico da especialidade a celebrar este sábado 27 de setembro no Tecor da Cañiza (Pontevedra).

A cadela “Maya” propiedade do campión provincial Marcelo Arosa tamén obtivo o galardón de Mellor Can con 160 puntos.

Este Campionato contou coa colaboración de Pensos Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza