XXXIV Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”
No día de onte, 27 de setembro, tiña lugar a edición número XXXIV do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”, proba organizada pola Federación Galega de Caza e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Cañiza.
Un autonómico de coello desputado baixo a dirección de José Moure e que descorreu con máxima deportividade e en terreos con boa densidade de coellos. Os lances fóronse producindo durante as diferentes prestacións por parte de todos os lotes participantes e nos tres campos habilitados para este autonómico, apesares de que as condicións climáticas lastraron a calidade dos mesmos. Destacar a colaboración de Marcos, Poli e David que actuaron como guías facilitando o desenrolo da proba.
O coruñés José Javier Suárez Rama foi o que acadou o posto máis alto da clasificación cun total de 485 puntos, participando cun lote de beagles composto por “Varo, Ventín, Tana e Timba“ obtendo deste xeito o campionato galego deste 2025. A segunda posición e con 472 puntos era para o tamén coruñés Francisco Abraldes Crujeiras que participou co lote de beagles “Trufa, Luz, Luna e Barreiro”. O bronce era para o pontevedrés Alfonso Rey Baulde cos beagles “Xesta, Eira, Fusta e Fara” e 460 puntos.
A cadela de nome “Tana” propiedade do campión José Javier Suárez Rama foi nomeada como Mellor Can da Proba cun total de 125 puntos.
Na clausura e entrega de premios estiveron presentes as seguintes autoridades: o Alcalde de A Cañiza, Luis Piña, o cal felicitou aos gañadores e destacou a importancia da caza e dos cazadores no coidado do monte, a fauna e na loita contra os incendios. Tamén asistiu o Vicepresidente da FGC en Pontevedra, José Manuel Martínez; o Presidente da Sociedade de Cazadores da Cañiza, Marcos Oliveira; e o Secretario Xeral da FGC, José Moure. Este último fixo un agradecemento especial o equipo de xuíces e a Sociedade de Cazadores de A Cañiza co seu presidente ao fronte pola cesión dos terreos e a implicación e traballo para o fructifero desenrolo deste campionato.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.