24 de marzo de 2026

Boas prestacións na Proba de Iniciación de Cans de Parada sobre Paspallás en Tordoia

Proba de Iniciación para Cans de Parada sobre Paspallás “Xunta de Galicia” 

Unha nova edición da Proba de Iniciación para Cans de Parada sobre Paspallás “Xunta de Galicia” congregou, o pasado sábado 21 de marzo, a cans de razas británicas e continentais no Tecor de Tordoia. Grazas a colaboración da Sociedade de Caza de Tordoia a delegación federativa da Coruña organizou dita proba.

Sobre paspallás sementado desenrolouse a xornada na que se visualizaron lances de enorme calidade dos cans participantes e no que propietarios e condutores fixeron unha positiva valoración.

No apartado con respetos destacamos a prestación de Félix Robles López co seu can de nome “Rollter” cun 1ºMB. O can “Único” de Antonio Vilar Vigo obtivo o segundo posto cun 2º MB.

En sen respetos a mellor calificación foi para “Neon de Piago” propiedade de Raúl Martínez Mosteiro cun 1º EXC. Cun 2º EXC remataba Carlos Sartal Mallo con “Olympia del Faenor” e Pedro Alfonso Lista Suárez con “Cora de Osan de Sira” remataba en terceira posición cun 3º MB.

No apartado de iniciación para cans menores de 2 anos destacamos a prestación realizada por “Clea del Tambre” propiedade de Raúl Martínez Mosteiro cun 1ºEXC. Antonio José Fernández García con “Ural del Alto Eume” era o segundo mellor cunha calificación de 2ºEXC. Cun 3ºEXC na terceira posición situábase José Ángel Rodríguez Casal con “Hielo da Brisa”.

Este campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.