A FGC reivindica bonificacións económicas aos Tecores incluidos na Emerxencia Cinexética
Na pasada xuntanza entre a Consellería de Medio Ambiente e a Federación Galega de Caza esta solicitou axudas económicas ás Sociedades de Caza e Tecores que se incluiron na pasada emerxencia cinexética.
En verbas do presidente federativo, Luis Eusebio Fidalgo, precisase unha gratuidade no tocante a licenzas e taxas ás que teñen que facer fronte as xa diezmadas tesorerías das Sociedades de Caza, ao tempo que dende a Administración se lles solicita un sobresforzo na presión cinexética recaendo sobre elas ata o pago dos precintos.
“Sabedores de que a caza é a mellor ferramenta de contención das poboacións do porco bravo esta non debe ser a única medida de xestión e non debe recaer todo o peso nos cazadores, e por riba, que esto lle supoño un gasto económico as sociedades de caza” sinalaba o presidente federativo ao remate da xuntanza.
Por todo isto a Federación Galega de Caza voltará a reivindicar estas bonificacións para as Sociedades de Caza no vindeiro Comité Galego de Caza a celebrar maña 26 de marzo.