13 de abril de 2026

Martín Baqueiro domina con claridade o provincial pontevedrés de Percorridos de Caza

No día de onte, 12 de abril, desputábase en Tomiño a edición XXXIX do Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza “Xunta de Galicia”. Competición de tiro a 100 pratos organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Club de Tiro Fronteiriñas e Club de Tiro Eido Dalbo.

Proba clasificatoria para o autonómico e puntuable para a Copa de Galicia da especialidade na que tomaron saída máis de 60 tiradores. Ás 9 horas comenzaban a voar os primeiros platos deste campionato desenrolado en 4 campos onde o campo 3 foi o máis complexo e que, dalgún xeito, marcou a proba.

Foi Martín Baqueiro Villafines o tirador máis acertado cunha marca de 88 pratos que o converteron no Campión da Proba e Campión Provincial, superando en 5 pratos ao segundo clasificado Manuel Blanco Puertas que remataba con 83 pratos. O bronce era para Daniel Domínguez Treinta con 82 pratos.

O campión Senior era José Antonio Vasconcellos Vicente con 78 pratos. O segundo posto da categoría era para Ramón Conde Mouriño con 76 pratos e con 74 pratos remataba Carlos Misa Alonso. A prata e bronce provincial eran para Fernando Manjón García e Francisco Javier Rivero Martínez, respectivamente.

Con 76 pratos José González Yáñez era o campión de Veteranos namentras que Juan Manuel Garrido o campión provincial con 67 pratos. Gabino Villamor Vázquez e Santiago Fernández Bargiela acadaban a prata e o bronce do provincial, respectivamente.

Luis Salmerón Madera con 60 pratos era o primeiro clasificado en Máster seguido de Ángel Vidal Conde con 52 pratos. Sabela Calvo López era a campiona de Damas.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.