13 de abril de 2026
PROBA DE FERROLTERRA

Daniel Rodríguez con “Chico”, Brais Gómez con “Chanclas” e Vanesa Vila con “Moruca” gañadores da proba de traela de Ferrolterra

O pasado 11 de abril baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Xuvia, Urogallo e Valdoviño tivo lugar a oitava edición da Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe Ferrolterra “Xunta de Galicia”. Unha proba que, ao igual que en edicións anteriores, foi todo un éxito en canto a participación e o desenrolo satisfactorio da mesma.

Unha xornada na que se puxo de manifesto a maestría de cans e monteiros sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade. Máis de medio cento de participantes nas categorías absoluta, juniors e damas tomaron saída nesta edición que contou con Secundino Carballo como Director da Proba.

Ao remata da semifinal e final a clasificación xeral resultou como segue a continuación, así como a categoría junior e damas:

Xeral:

1° Daniel Rodríguez Bullo con “Chico” e 245,5 puntos

2° Sergio Prol Arcos con “Valdes” e 240,5 puntos

3° José María Portela Barja con “Leo” e 236,5 puntos

Junior:

1º Brais Gómez Sabín con “Chanclas” e 222 puntos

2º Hugo Caruncho Martínez con “Mesi” e 220 puntos

3º Erik Iglesias Meizoso con “Camilo” e 219 puntos

Damas:

1º Vanesa Vila Varela con “Moruca” e 235 puntos

2º Iría Piñeiro Crespo con “Zidane” e 224 puntos

3º Mercedes Prin Bermúdez con “El Fugas” e 222 puntos

Coa entrega de premios púxose punto e final a esta edición non sen antes dar un agradecemento especial, por parte da organización, aos guías por todo o traballo realizado tanto o día da competición como nos días anteriores.

Este campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.