14 de abril de 2026
ARTEMISAN

Xornadas divulgativas sobre o coello de monte e a perdiz roxa na Coruña e Pontevedra

Baixo a organización das delegación provinciais da FGC na Coruña e Pontevedra e a Fundación Artemisan terán lugar os días 8 e 9 de maio sendas xornadas dirixidas a cazadores sobre as dúas emblemáticas especies de caza menor.

Dentro do Observatorio Cinexético estas xornadas contarán cos ponentes José Antonio Torres García e Carlos Sánchez García-Abad ambos do departamento de investigación da Fundación Artemisan.

Nas dúas horas de duración de cada xornada abordarase a seguinte temática:

- Bioloxía e ecoloxía do coello de monte e a perdiz roxa

- Monitorización de poboacións, xestión do hábitat, control de depredadores e caza sostible

- Técnicas de repoboación

- Presentación do proxecto de recuperación da caza menor en Galicia

A xornada da Coruña celebrarase o 8 de maio de 19:30 a 21:30 horas na Casa da Cultura de Ordes e a inscrición será gratuita ata o 4 de maio ou completar aforo. Inscricións chamando ao 981 702 957 ou por email en coruna@caza.gal (Federación Galega de Caza na Coruña)

A xornada de Pontevedra celebrarase o 9 de maio de 10:00 a 12:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra e a inscrición será gratuita ata o 4 de maio ou completar aforo. Inscricións chamando ao 986 852 300 ou por email en pontevedra@federaciongalegadecaza.com (Federación Galega de Caza de Pontevedra)

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.