O campión provincial foi José Couto con “Cañón” e o campión da proba Antonio Sánchez con “Chico”

Coa colaboración da Sociedade de Cazadores “Viana do Bolo” o pasado 2 de maio disputábase o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia” baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense.
Unha proba puntuable para a Copa Galicia e que contou coa participación de preto de monteiros. José Luis García exerceu como Director da Proba na que tamén estivo presente o Delegado Autonómico da especialidade, Jaime González.

O campión da xeral era o monteiro Antonio Sánchez Sexto co seu can de nome “Chico” obtendo un total de 243 puntos. O pontevedrés Salvador Sestelo Núñez era o segundo e terceiro clasificado con “Covi” e “Sol”, respectivamente. O monteiro mellor clasificado da provincia e polo tanto campión provincial foi José Couto con “Cañón”. Compretaba o podio provincial José Luis Mera con “Zar” en segunda posición e a monteira Saleta Souto con “Alma” facíase co bronce.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.
