4 de maio de 2026

Martín Baqueiro campión galego de Percorridos de Caza en Tomiño

A edición número XXXVIII do Campionato Galego de Percorridos de Caza “Xunta de Galicia” desputouse en Tomiño na xornada de onte, 3 de maio, e no cal o pontevedrés Martín Baqueiro Villafines resultou gañador despois da desputa dun intenso desempate contra Daniel Domínguez Treinta.  

Unha edición con preto de 100 tiradores divididos en 18 escuadras que se enfrontaron a condicións climáticas incómodas nas primeiras horas de competición debido a persistente choiva pero que pronto deu paso a ceos despexados podendo desfrutar con maior intensidade do campionato. Agradecer a Nicolás Lorenzo, Director Territorial de Medio Ambiente en Pontevedra que se achegou ata o campo de tiro Fronteiriñas a seguir de preto o transcurso deste Autonómico.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración dos Clubes de Tiro Fronteiriñas e Eido Dalbo, desputábase este Autonómico de Percorridos a 150 pratos con 3 liñas de tiro a duas voltas.

Foi o tirador Martín Baqueiro Villafines o que remataba con 130 pratos despois dunha tirada no que estivo moi acertado en postos complexos e o converteron no novo campión galego da especialidade. Non sen antes ter que superar ao tamén pontevedrés Daniel Domínguez Treinta nun intenso desempate no que Domínguez se tivo que conformar co segundo posto da xeral. O bronce, con 129 pratos, foi para o coruñés Jose Manuel Fernández Añón.

Na categoría Senior o campión e cuarto da xeral era José Antonio Vasconcellos Vicente con 125 pratos superando ao segundo clasificado Antonio Iglesias Otero que remataba con 119 pratos. O terceiro posto da categoría era para Santiago García Vello con 116

En Veteranos o campión era José González Yáñez o cal realizou unha fantástica tirada con 114 pratos superando Alfredo Augusto García Mendoça e Gabino Villamor Vázquez, respectivamente. O bronce do campionato galego era para Manuel Magide López

En Tiro Adaptado o campión era Artemio Formoso Barro con 118 pratos, en   Danas o primeiro posto era para Maitane Fandiño Pérez e en Máster o mellor clasificado foi Antonio Castro Ferreiro.

O tirador pontevedres Daniel Domínguez Treinta recibiu, da man do secretario xeral da FGC, José Moure, unha placa da FGC por ser o Campión da Copa Galicia de Percorridos de Caza.

A Selección Galega para o Nacional de Percorridos quedou formada por Martín Baqueiro Villafines, Daniel Domínguez Treinta, José Manuel Fernández Añón, Manuel Blanco Puertas, José Antonio Vasconcellos Vicente e Artemio Formoso Barro.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.