5 de maio de 2026

Rio Sar acolleu aos mellores tiradores de Field Target no Autonómico da especialidade

O domingo 3 de maio o Campo de Rio Sar acollía a edición IX do Campionato Galego de Field Target “Xunta de Galicia” organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Rio Sar.

Ás 9:00 horas os diferentes tiradores chegaban a Trazo e comenzaba a posta a punto coa apertura do campo de centrado. Lugar onde cada tirador fixo os reglaxes oportunos nas súas armas.

Ás 10:30 horas arrincaba a competición e os participantes enfrontáronse a 50 siluetas repartidas en 25 “calles” a unhas inclinacións e distancias de tiro de ata 50 metros. 

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Luis Francisco Barceas Penas. O segundo e terceiro caixón do podio eran para Omar Prado Estévez e Antonio López-Niño Pérez, respectivamente .

Na modalidade de PCP senior o título de campión galego era Fernando Javier Chantada Abal namentres que José Luis Vascuas Martínez era o segundo clasificado. En PCP veteranos o campión era Francisco Javier Chantada Abal superando a Alberto Suárez Buyo que remataba subcampión. O bronce era para Andrés Galdo Gato.

Un campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.