25 de maio de 2026

Daniel Cebreiro gañador do provincial coruñés de Compak

O Campionato Provincial de Coruña Compak Sporting “Xunta de Galicia” celebrouse no día de onte, 24 de maio, e estivo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña e contou coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba desputouse nas instalacións do campo de tiro de Río Sar a 100 pratos en catro canchas. Máis de medio cento de tiradores tentaron acadar as mellores marcas nas diferentes categorías para formar a selección provincial para o vindeiro Autonómico da especialidade que se desputará, o 7 de xuño, en Río Sar.

Foi Daniel Cebreiro García o tirador que obtivo o título de campión provincial despois de escachar un total de 96 pratos. Unha marca que non foi quen de alcanzar o senior Antonio Iglesias Otero que se tivo que conformar co segundo posto da xeral e primeiro da categoría con 93 pratos. No terceiro caixón do podio da clasificación xeral situouse José Manuel Fernández Añón con 91 pratos.

En Senior a plata era para Manuel García Pombo con 90 pratos. E o bronce era para Ramón Conde Mouriño con 89 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión era o lucense Manuel Magide López con 75 pratos namentras que o campión provincial era Manuel Regueiro Castro con 74 pratos. Elisardo Cea Cebreiro obtivo o segundo posto do provincial con 71 pratos.

Juan Manuel Lareo Asorey obtiña o primeiro posto en Tiro Adaptado e en Máster o campión da categoría na xeral foi Eliseo Faraldo Fernández.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.