Adrián Otero con “Pepo” obtivo a prata no Nacional de Xabaril Salvaxe e Hugo Caruncho con “Messi” o bronce na Copa Xuvenil

Esta pasada fin de semana desputábase o Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade asturiana de Nava. Un nutrido equipo de monteiras e monteiros galegos participaban coas expectativas moi altas de traer bos resultados para Galicia.
E así foi e os galegos acadaron a prata do Nacional grazas á participación de Adrián Otero López que co seu can de nome “Pepo” obtivo o segundo posto da Xeral. Destacamos tamén a participación da monteira Bárbara Fontán que co seu can “Sono” obtivo o quinto posto da xeral. Daniel Rodríguez e Iría Piñeiro conseguiron meterse na final e rematar no 7º e 8º posto da xeral, respectivamente.

A Copa Xuvenil da especialidade tamén deu o bronce ao xoven monteiro galego Hugo Caruncho que participou co seu can “Messi”.
Noraboa a toda a representación galega pola súa participación e o nivel amosado nesta disciplina na que Galicia é unha das principais potencias.