26 de maio de 2026

Arqueiros ao asexo de caza 3D

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e coa colaboración do Clube Cazarco, o pasado 24 de maio tivo lugar a quinta edición da Proba Trofeo Cazarco de Asexo de Caza con Arco 3D. Unha proba que mantivo o éxito acadado nas pasadas edicións congregando a un elevado número de arqueiros galegos.

A proba celebrouse nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomaior (Pontevedra) e que congregou a un bo número arqueiros e arqueiras.

Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías:

Arco Asistido Masculino

  • Eloy Álvarez Couñago: 296 puntos
  • Daniel Carbajo Crespo: 274 puntos
  • Ismael Figueroa Vilaboa: 253 puntos

Arco Tradicional Masculino

  • David Romero González: 243 puntos
  • Gael Valcárcel Mato: 149 puntos
  • Carlos Rama: 146 puntos

Arco Asistido Damas

  • Mª Carmen Novoa Varela: 173 puntos
  • Eva Davila Rodal: 161 puntos
  • Dolores Bugarín Codeseda: 100 puntos

Long Bow Masculino

  • José García Gómez: 179 puntos
  • Jacobo Lorenzo Santoro: 168 puntos
  • Roi López Díaz: 139 puntos

Long Bow Damas

  • Laura Fernández Crespo: 162 puntos

Junior Tradicional

  • Carlota Otero Cayetano: 75 puntos
  • Iria Boullosa Curras: 55 puntos

Cadetes Tradicional

  • Clemente Sierra del Castillo: 127 puntos
  • Ariadna López Díaz: 43 puntos

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.