15 de xuño de 2026

Miguel Ángel Rey con “Lor” acada en Trives o título de Campión Galego de Rastro sobre Xabaril e en xuveniles a campiona era Saleta Souto con “Alma”

O concello ourensá de Trives foi o lugar elexido pola Federación Galega de Caza para celebrar a edición XXX do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia”. Unha proba desputada o pasado sábado, 13 de xuño, e que contou coa colaboración e enorme traballo da Asociación de Cazadores de Trives.

Os monteiros e cans clasificados nas respectivas fases provinciais dividíronse en 2 campos para afrontar a semifinal na que os 5 mellores clasificados de cada campo desputaban a gran final. Nesta fase clasificatoria destacamos a participación de Antonio Sánchez con “Chico” e Francisco Rodeiro con “Vela” que obtiveron as mellores puntuacións de cada campo.

Unha vez realizado o sorteo de participación por parte do Director da Proba e Delegado da especialidade, Jaime González, deu comenzo a gran final nuns terreos moi propicios que deron prestacións de alto nivel. Unha final na que o participante por Ourense Miguel Ángel Rey Montes co can “Lor” compretaba unha gran prestación que o convertían no novo Campión Galego da especialidade con 238,25 puntos. Foi o coruñés Francisco Rodeiro Eiras o que coa súa cadela mestiza “Vela” obtiña o segundo posto con 200,25 puntos. O monteiro pontevedrés Antonio Sánchez Sexto con “Chico” compretaba o podio co bronce acadado despois dunha participación que lle reportou 196 puntos.

O terceiro clasificado, Antonio Sánchez con “Chico”, tamén obtiña a placa de Campión da Copa Galicia da especialidade deste ano 2026.

A Selección Galega para a desputa do Campionato de España que se celebrará o vindeiro 27 de xuño en Galicia quedou conformada polos seguintes monteiros: Miguel Ángel Rey, Francisco Rodeiro, Antonio Sánchez (por Copa Galicia), Daniel Souto, Salvador Sestelo, Joaquín Villamil, Alberto Arnoso e Julio Ferradás (por Copa Galicia).

Simultaneamente tamén se desputou a categoría Xuvenil que deu como campiona á monteiro Saleta Souto Pampín coa cadela “Alma” e 156,25 puntos. Joel González Da Ponte con “Protos” e Matías Cendán Regueiro con “Fleky” obtiñan a prata e o bronce respectivamente.

Na entrega de premios e clausura o Delegado Autonómico, Jaime González, agradeceu a deportividade e participación de todos os monteiros nas diferentes probas realizadas ao longo do ano. Pechaba o acto o presidente da FGC en Ourense, Vicente Lameiro, o cal agradeceu especialmente a Asociación de Cazadores de Trives a colaboración na organización desta proba e remataba felicitando a todos os participantes e premiados.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Axencia Touceda, Proyecta Galicia e Arion .

Galería de fotos

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.