18 de xuño de 2026

Máis de 400 tiradores desputarán o Nacional de Compak Sporting en Rio Sar que comenzará hoxe coa xornada inaugural

Ao longo destes días previos xa foron varios os deportistas que se achegaron ás instalacións do Campo de Tiro de Río Sar para realizar os pertinentes adestramentos para a desputa, a 200 pratos, da XXIX edición do Campionato de España de Compak Sporting. Destaca desta cita Nacional o acto inaugural que terá lugar hoxe ás 20:00 horas e que contará coa presenza de diferentes autoridades entre as que asistirá o Secretario Xeral para o Deporte, Roberto García, así como o presidente da Real Federación Española de Caza, Josep Escandell, entre outros. Acto que rematará co emotivo desfile das comunidades autónomas compostas polos deportistas que as representarán durante os vindeiros 3 días que dura a competición. Campionato que terá a súa clausura o domingo 21 de xuño ás 17:00 horas coa entrega de premios aos gañadores.

A partires das 18:00 horas de hoxe os máis de 400 tiradores xa poderán recoller os respectivos dorsais, destacando que esta será unha das edicións con maior participación.

Toda a información deste Campionato de España en: Preme aquí

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.