19 de xuño de 2026

Récord histórico de participación e inauguración do Campionato de España de Compak Sporting que se disputará esta fin de semana no Campo de Tiro de Rio Sar en Trazo

Xa se escoitan as primeiras detonacións das escopetas dos máis de 400 deportistas que esta fin de semana desputan o Campionato de España de Compak Sporting nas instalacións do Campo de Tiro da Sociedade Deportiva Rio Sar.

Cada tirador enfrontarase a un total de 200 pratos repartidos en diferentes canchas e no transcurso dos tres días que dura a competición a cal foi inaugurada na tarde de onte, 18 de xuño.

Ao acto inaugural asistiron as seguintes autoridades: Roberto García Fernández, Secretario Xeral para O Deporte; Josefina Suárez López, Alcaldesa do Concello de Trazo; Josep Escandell Martínez, Presidente da Real Federación Española de Caza; Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, Presidente da Federación Galega de Caza; Javier Nogueira Diz, Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas e representante de Mutuasport e Luis Sánchez Mancebo, Presidente da Sociedade Deportiva Río Sar.

Unha vez que interviron as autoridades tivo lugar o xa tradicional desfile das comunidades autónomas cos integrantes das respectivas seleccións e que puxo a guinda final ao acto inaugural desta edición número XXIX do Campionato de España de Compak Sporting

Toda información e horarios en: Preme aquí

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.