21 de setembro de 2026
RASTRO COELLO

O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial en Arbo

No concello de Arbo e concretamente nos terreos do Tecor Santa Bárbara de As Neves desputábase, o pasado sábado 19 de setembro, o XXXII Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”.

O campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencionado terreo cinexético. José Alonso, Óscar Esparís e Francisco Vázquez foron os xuíces da proba e Mario Guillán o Director da mesma. 

Con excesiva temperatura trascorreu esta xornada cinexética deportiva na que se visualizaron bos lances por parte dos lotes de cans participantes e que non deixou de ser un preludio da apertura da tempada xeral de caza en Galicia.

O cazador Jaime López Castro presentábase nesta proba co lote de beagles composto por “Atila do Río Ulla, Lia do Río Ulla, Abril do Río Ulla e Xesta do Río Ulla” co cal acadou unha puntuación de 460 puntos e proclamouse novo campión provincial da modalidade. Novamente, o segundo posto co seu segundo lote clasificábase Jaime López Castro cos cans “Asia do Río Ulla, Lluvía do Río Ulla, Lira do Río Ulla e Ares do Río Ulla” e 440 puntos. O bronce era para Alfonso Rey Baulde con “Eira, Sancho, Thor e Virol” con 435 puntos. O podio representará a Pontevedra na desputa do autonómico da especialidade a celebrar este sábado 26 de setembro en Laracha (A Coruña).

A cadela “Lupe” propiedade de Javier González Riveiro obtivo o galardón de Mellor Can da proba con 120 puntos.

Na entrega de premios interviron representantes federativos e da sociedade de caza así como o alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil Expósito e a Tenente de Alcalde Ana Belén Durán Montero. Intervencións que destacaron, entre outras cousas, a deportividade e os beneficios destes eventos para o rural galego.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio de Pensos Bichoucos, Axencia Touceda, Proyecta Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.