No Tecor Bergantiños Norte coñeceranse os mellores beagles galegos de rastro sobre coello

Todo preparado para a desputa, este sábado 26 de setembro, da edición XXXV do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello “Xunta de Galicia”. Un Autonómico de gran arraigo entre os cazadores galegos e que, dalgún xeito, marca a inminente apertura da tempada xeral de caza prevista para o próximo 18 de outubro.
No Tecor coruñés Bergantiños Norte – Laracha desputarase este Campionato Galego no que os lotes de catro cans cos seus correspondentes conductores competirán polo título de Campión Galego. Título que será defendido polo ata hoxe vixente campión José Javier Suárez Rama.
Estes son os participantes e cans clasificados nas respectivas fases provinciais:
Pontevedra
- Jaime López Castro cos beagles “Atila, Lia, Abril e Xesta”
- Jaime López Castro cos beagles “Asia, Lluvia, Lira e Ares”
- Alfonso Rey Baulde cos beagles “Eira, Thor, Sacho e Virol”
Coruña
- Rafael Rodríguez Ures cos beagles “Moro, Nei, Nico e Nani”
- Daniel Bouzas Vázquez cos beagles “Rex, Sky, Tresor e Atos”
- Arturo Pérez Magariños cos beagles “Chula, Trufa, Jara e Jana”
- José Javier Suárez Rama cos beagles “Ventín, Timba, Tana e Vieta” – Campión 2025
Campionato organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Caza e Pesca Venatoria de Bergantiños e contando co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Axencia Touceda, Arion e Mutuasport.
Patrocinado por