ACCIDENTES

A RFEC segue á procura de solucións para os accidentes de tráfico con especies cinexéticas

A Real Federación Española de Caza reuniuse o pasado 18 de marzo para seguir buscando posibles solucións situacin dos accidentes de circulación con pezas de caza, dado que a situación segue a ser moi grave en moitas rexións de España ante a imposibilidade de moitas sociedades de caza de manter as primas dos seguros.

Tras o intento de reforma do réxime de responsabilidade civil na materia que foi denegada no Congreso dos Diputados a pesares de ser aprobada polo Senado, a RFEC reuniu unha mesa de traballo formada por expertos de toda España, moitos deles pertencentes a federacións autonómicas e outras entidades como APROCA ou a Oficina Nacional de la Caza, para debatir sobre a actual situación e sentar as bases de futuras actuación e propostas na materia.

Os membros da mesa de traballo decidiron que fose Santiago Iturmendi, Presidente da Federación de Caza de Castilla y León, quen coordinara os traballos federativos nesta materia. Iturmendi conta cunha ampla experiencia nesta materia e ten desenrolado importantes iniciativas a nivel autonómico.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.