SILVESTRISMO

A Illa da Toxa acolleu o Campionato Provincial de Pontevedra de Silvestrismo

O pasado 18 de abril disputábase no campo de tiro da Illa da Toxa, (O Grove) o Campionato Provincial de Pontevedra de Silvestrismo, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade Ornitolóxica “O Grove”.

Na categoría de Pardillo Novel o gañador da proba foi M. Angel Ares Ares, da Sociedade “A Faísca”, con 7 puntos, sendo a gañadora en Pardillo Adulto Mª Carmen García Freire, tamén da Sociedade “A Faísca” ao acadar 21 puntos.

Na categoría de Xílgaro Novel o gañador era Manuel Chao Porto da Sociedade “A Faísca” con 116 puntos mentres que en Xílgaro Adulto o primeiro clasificado foi J. Florencio Dopico Díaz da Sociedade “A Faísca” con 55 puntos.

En Mixto de Xílgaro era Serafín Corral Vázquez, da Sociedade “A Faísca”, o gañador da proba con 88 puntos, mentres que en Mixto de Pardillo gañaba Jesús Faraldo Ares, tamén da Sociedade “A Faísca”, con 62 puntos.

O gañador da proba na categoría de Verderol era Jonathan Crego González con 24 puntos.

  PARDILLO NOVEL    
Pos Participante Provincia Puntos
1º M. Ángel Ares Ares CO 7
2º Arturo Merchán González PO 6
3º Celso Pérez Genoario PO 6
       
  PARDILLO ADULTO    
Pos Participante Provincia Puntos
1º Mª Carmen García Freire CO 21
2º Serafín Corral Vázquez CO 21
3º Serafín Corral Vázquez CO 11
       
  XÍLGARO NOVEL    
Pos Participante Provincia Puntos
1º Manuel Ángel Chao Porto CO 116
2º Mª del Pilar Beltrán Blanco CO 94
3º Mª del Pilar Beltrán Blanco CO 80
       
  XÍLGARO ADULTO    
Pos Participante Provincia Puntos
1º J. Florencio Dopico Díaz CO 55
2º José Luis López Ferreiro CO 53
3º José Antonio López Romero CO 47
       
  MIXTO DE XÍLGARO    
Pos Participante Provincia Puntos
1º Serafín Corral Vázquez CO 88
2º José Luis López Ferreiro CO 88
3º Juan Pico Pico CO 84
       
  MIXTO DE PARDILLO    
Pos Participante Provincia Puntos
1º Jesús Faraldo Ares CO 62
2º Jesús Faraldo Ares CO 57
3º Camilo Taboada Piñeiro CO 53
       
  VERDEROL    
Pos Participante Provincia Puntos
1º Jonathan Crego González CO 24
2º Mª Ángeles Pérez Arcos CO 23
3º Mª Ángeles Pérez Arcos CO 18

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.