RRCC PONTEVEDRA

José M. Da Silva Fernández proclámase campión provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

O pasado 16 de maio disputábase no Campo de tiro “Eido Dalbo” en Xinzo (Ponteareas) a vixésimo cuarta edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración co Clube de Tiro “Eido Dalbo”.

Participaban un total de 55 tiradores, sendo o gañador absoluto da proba era José M. Da Silva Fernández, que escachaba 78 pratos. O segundo posto da proba era para o portugués Jorge Pinto Matos, que participaba por libre e escachaba 76 pratos. Terceiro clasificado foi Martín Baqueiro Villafines, que escachaba 74 pratos e remataba terceiro (segundo provincial) tras un desempate.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio José M. Da Silva Fernández. En veteranos vencía Jaime Vilas Pereira, quen escachaba 71 pratos, mentres que en superveteranos gañaba José A. García González, que escachaba 51 pratos. Na categoría de xuvenís o primeiro era Manuel Garrido Brito, con 63 pratos escachados, e finalmente Josefa Mariño Estévez vencía en damas ao escachar 57 pratos.

CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Prov Pratos
José M. Da Silva Fernández S PO 78
Jorge Pinto Matos L - 76
Martín Baqueiro Villafines S PO 74 (21)
José M. Gesteira Sampayo S PO 74 (20)
Gabino Villamor Vázquez S PO 74 (18)

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.