Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TECORES
Fanse públicas varias modificacións en Tecores das provincias de Lugo e Pontevedra
20/7/2010

Nas últimas semanas fixéronse públicas nos diferentes Boletíns Oficiais Provinciais varias notificacións de segregacións, amplicacións e creacións de Tecores, centradas nas provincias de Lugo e Pontevedra, polo que achegamos un resumo destas informacións:

Segregacións

  • A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Freixo, no concello de Crecente (Pontevedra) solicitou a segregación do monte comunal de Freixo, integrado no Tecor "San Pedro de Crecente" (PO-10.186) do concello de Crecente, cara a sú integración na explotación cinexética comercial de montes de Rebordechán, no mesmo concello.
  • Propietarios de varias fincas do lugar de Bascuas e Montalvo do concello de Sanxenxo (Pontevedra) solicitaron a segregación de varias fincas particulares dos lugares de Bascuas e Montalvo, integradas no Tecor "A Lanzada" (PO-10.188) do concello de Sanxenxo.
  • Un particular propietario dunha parcela en Santa María de Teixeiro, no concello de Lugo, integrada no Tecor "Rozas" (LU-10.063) solicitou a sua segregación.
  • O presidente da Sociedade de Caza e Pesca de A Fonsagrada solicitou a segregación de 183has. de MVMC "de Castelo" e de 2,56has. de tres parcelas particulares no lugar de Castelo, todos eles na parroquia de Freixo, no concello de A Fonsagrada (LUGO) ao Tecor "A Fonsgrada" (LU-10.002).
  • O presidente da Sociedade de Cazadores "Pena do Mouro" solicitou a segregación de varias parcelas e MVMC no concello de Navia de Suarna (Lugo) para a ampliación do Tecor "Pena do Mouro" que aumentaría a superficie en 1.018has.

Ampliacións

  • A Asociación de Cazadores "Os Castros" solicitou a ampliación do Tecor "Os Castros" (LU-10.012) cos terreos do monte veciñal en man común na parroquia de Seguín, no concello de Pantón (Lugo) con 141has. de superficie.
  • O Tecor "Cerdedo" (PO-10.055) do concello de Cerdedo (Pontevedra) solicitou a ampliación dos terreos do MVMC de Caroi (concello de Cerdedo).
  • A Sociedade de Cazadores "Amorín" solicitou a ampliación do Tecor "Amorín" (LU-10.295) con varias parcelas na parroquia de San Perdo de Labio, no concello de Lugo, con 14has. de superficie.

Creación de Tecor

  • O Clube de Cazadores "Rio Umia" de Codeseda, do concello de A Estrada (Pontevedra) solicitou a constitución dun novo Tecor nos terreos actualmente integrados no Tecor "Forcarei" (PO-10.142) do concello de Forcarei (Pontevedra), polo que é necesario segregar parte do mesmo para a formación deste novo Tecor.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza