Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA E AGRICULTURA
O Observatorio Cinexético da Real Federación Española de Caza peregrina a Galicia
29/7/2010

A situación da caza en España: os danos nos cultivos e as especies cinexéticas

A caza e a agricultura non poden ser conceptos antagónicos, antes ao contrario deben ser duas realidades complementarios que conviven e interactúan. A crecente expansión das especies de caza maior, fundamentalmente o xabaril, e a explosión das poboacións de coello nalgunhas zonas do territorio español están xerando tensións entre a caza e a agricultura. Co ánimo constructivo que o caracteriza, o Observatorio Cinexético da RFEC abordará este tema, pero con valentía e fuxindo da polémica estéril e irresponsable. Con espírito de que sexa proveitoso, quérese analizar este problema nos seus distintos aspectos e vertentes, tratando de buscar solucións, de tender pontes e xuntar beiradas. En moitas ocasións unha delgada liña vermella separa o conflicto da solución. Este foro quere ser un lugar de debates serios, constructivos, tratando de atopar, entre todos, fórmulas para avanzar de xeito responsable, cara unha realidade mellor e máis xusta para todos.

Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro sábado 2 de outubro, esta xornada na que poderán inscribirse cazadores, directivos de sociedades de caza, agricultores, xestores cinexéticos, técnicos, etc. A asistencia a este foro será gratuita, con aforo limitado. A xornada desenrolarase en sesión de mañá e tarde e estará estructurada en tres mesas de traballo que pretenden abordar todos aqueles aspectos relacionados con esta problemática que tanto preocupa ao mundo rural. Cada mesa terá unha duración aproximada de duas horas.

Abrirá a xornada a Mesa Xurídica co título “¿É posible un sistema máis xusto?” e na que participarán membros da xudicatura, expertos en dereito agrario e cinexético, expertos doutros países comunitarios e responsables da administración.

A continuación desenrolarase a Mesa Técnica baixo o epígrafe “Experiencias e ferramentas para delimitar os danos”, na que participarán expertos de diferentes autonomías na prevención e a loita contra os danos tanto de especies de caza maior como de menor.

No terceiro lugar a Mesa Social coa cabeceira “Procurando solucións para minimizar o conflicto”. Formarán parte desta mesa representantes dos agricultores, das sociedades de cazadores e da administración.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria

CURSO FORMACIÓN AGILITY
17/06/2024
Curso de Xuíces de Agility da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza