30 de novembro de -0001
CAZA MENOR PONTEVEDRA

Mariano Araujo proclámase Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado, o tecor da sociedade de cazadores San Martín, de O Grove, acollía a celebración do Campionato Provincial de Caza Menor con Can, no que participaban un total de 20 cazadores da provincia.

O cazador da sociedade de cazadores Caselas, Mariano Araujo Porto, coa cadela Bamba, entraba no control con unha arcea (500 puntos), o que o convertía en gañador absoluto do proba.

Segundo, e subcampión, foi Gustavo Martínez Pérez, da sociedade Tres Bes, con Chisca, que pasaba o control cun coello; mentres que o seu compañeiro, Miguel Sartal Franco, da sociedade A Lanzada, co can Pista entraba no control tamén cun coello facéndose así coa terceira praza.

En cuarto, quinto, e sexto posto, respectivamente, clasificábanse, José Antonio Vasconcellos Vicente, da sociedade A Rosaleña; Valentín Álvarez Expósito, da sociedade Tomiñesa; e Marcelino Arosa Dasilva, da sociedade A Lanzada.

O seis cazadores anteriores representarán á provincia de Pontevedra no Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 27 de novembro.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza en Pontevedra, en colaboración coa sociedade de cazadores San Martín de O Grove.

Pos Participante Punt.
Mariano Araujo Porto 500
Gustavo Martínez Pérez 350
Miguel Sartal Franco 350
José Antonio Vasconcellos Vicente 150
Valentín Álvarez Expósito 150

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.