O pasado día 3 de  decembro o Conselleiro Samuel Juárez recibía o Presidente da FGC, quen lle fixo  entrega do documento de conclusións da xornada sobre danos, de ámbito estatal,  que se celebrou en Santiago de Compostela a mediados do mes de outubro. Durante  a entrevista, Gómez Cortón, analizou co Conselleiro e co Director Xeral de  Conservación da Natureza cadaunha das conclusións e a súa perspectiva dente o  ámbito cinexético galego.
  
  Así no ámbito normativo,  coincidiron na necesidade de modificacións legais no referido a  responsabilidade polos danos producidos pola fauna nos cultivos, buscando  normativas mais axustadas a realidade actual, onde os cambios de hábitat  estenderon por toda Galicia corzos e xabariles e onde os criterios de  biodiversidade e sostenibilidade son fundamentais na caza do noso tempo.
  
  Dentro  dese análises, a prevención dos danos debe pasar a se-la principal prioridade e  obxectivo dunha tarefa compartida entre tódolos que teñen interese no medio  rural (agricultores, administracións e cazadores). As medidas preventivas deben  pasar a ter un lugar destacado na solución do problema.
  
Compartiron  igualmente que os danos xerados polas especies silvestres non son consecuencia  da caza, sono pola existencia de ditos animais, por tanto son un problema de  toda a sociedade. A desaparición dos tecor nos territorios con maiores danos,  os máis agrarios, non suporían unha solución, senón que agravarían o problema.  Así comprometéronse a estudiar fórmulas para comparti-lo risco e avanzar cara  un novo sistema que permita cofinanciar a compensación deses danos nos cultivos  agrarios, con criterios de equidade, universalidade, rapidez e corresponsabilidade.
Na rolda de prensa posterior a entrevista os responsables de ambas institucións amosaron a coincidencia no analisis e propostas referidas, e destacaron a función social que realizan os cazadores no control das poboacións de animais silvestres, e abogaron porque a caza fose recoñecida, tamén pola sociedade, nunha das súas vertentes mais destacadas, como un verdadeiro servicio ambiental.



 
    
		




