30 de novembro de -0001
RAPOSO OURENSE

A cuadrilla “Lamela” foi a gañadora do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo

O pasado 15 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo, que tiña lugar no Tecor das Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, e organizaba a Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa citada sociedade.

Participaban na proba un total de 5 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Lamela”, da sociedade de Nogueira de Ramuín ao capturar 3 raposos. A cuadrilla “Boborás” da sociedade do mesmo nome remataba no segundo posto con 2 raposos cobrados. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Europa” da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, que remataba no terceiro posto.

Estas tres primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.

Pos Cuadrilla Capturas
Lamela 3 raposos
Boborás 2 raposos
Europa 2 raposos
A Raposa 1 raposo
Raposeiros de Melón -

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.