Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PREMIOS DEPORTE FEMININO
Varias cazadoras galegas candidatas aos Premios MUDEGA
16/3/2011

A asociación Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) celebrará o vindeiro venres 25 de marzo, en Pontevedra, a Iª Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que pretenden premiar o esforzo e adicación de aquelas persoas e entidades que colaboran activamente para promover o deporte feminino galego, moitas delas dun xeito totalmente anónimo, para darlle o merecido recoñecemento á sua labor.

MUDEGA é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en marzo de 2008 en Santiago de Compostela, co espírito de fomentar a participación das mulleres no ámbito do deporte e promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres neste eido. Actualmente está presidida por Pilar Neira Martínez, seleccionadora galega de fútbol.

A Federación Galega de Caza, como entidade deportiva, ven de propoñer as súas candidaturas a cada un dos recoñecementos que nesta gala se farán entrega. A grande cantidade de propostas que o mundo cinexético aporta pon de releve o excelente nivel feminino que a Federación en concreto e a caza en xeral posúen nas súas filas. 

O listado de propostas da FGC quedou configurado do seguinte xeito:

      Mellor directivo/a:
DNA MARIA CRISTINA SANMARTÍN PORCA (Presidenta do Club Amigos dos Cans de Caza e Vicesecretaria da FGC na Coruña)

      Mellor deportista feminina
DNA ANA ISABEL ARBIOL LEDESMA (actual Campiona de España de San Huberto)

      Mellor equipo feminino
DNA MARÍA LUISA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e DNA MARÍA DOLORES BUGARÍN CODESEDA da SELECCIÓN GALEGA DE PERCORRIDOS DE CAZA CON ARCO (Campiona de España en Arco Tradicional e Medalla de Bronce en Arco Asistido, respectivamente)

      Medio de comunicación amigo do deporte feminino
DIARIO DE PONTEVEDRA

     Premio á traxectoria
DNA MARÍA DEL CARMEN IGLESIAS COMESAÑA (Campiona do Mundo co Equipo Español de San Huberto en 2004, e varias veces entre as mellores de España da modalidade)

     Mellor árbitro ou xuíza
DNA MARÍA DEL MAR PÉREZ VÁZQUEZ (Xuíza Nacional de San Huberto, primeira e única xuíza galega de categoría nacional da modalidade, sendo un referente como xuíza da modalidade na década dos 90)

•     Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino
C.B. ARXIL (Club deportivo de baloncesto feminino, con máis de 26 anos de historia)

     Mellor adestrador/a feminino
DNA ISABEL NEGREIRA CHAVES (adestradora de cans campións de caza)

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza