Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MEDIA VEDA
A RFEC non solicitou o estudo que cuestiona a media veda
19/4/2011

Ante certas novas da prensa nas últimas semanas, a RFEC desminte que solicitase un estudo referente á Media Veda

Unha nova aparecida no xornal ABC de Castela A Mancha, remitida pola axencia EFE o pasado 6 de abril, mencionaba que un estudo solicitado pola Real Federación Española de Caza á Universidad Politécnica de Madrid cuestionaba certos aspectos da media veda.

Neste estudo, segundo indicaba o xornal, certos especialistas indicaban que algunhas normas da media veda non estaban ben axustadas á bioloxía normal e ás necesidades de sostenibilidade das especies.

A RFEC ven de desmentir a sua implicación neste estudo, e tamén que estean a cuestionar a media veda, posto que tódolos estudos, estatísticas e demais documentación recollida nos últimos anos acerca das especies cazables na media veda coas que contan, veñen a certificar que as datas e normas fixadas actualmente para a media veda son totalmente compatibles co disposto en diversas leis e normativas existentes, como a Directiva Aves.

En colación a este tema, a RFEC informou que dará a coñecer proximamente unha síntese dos estudos e informes científicos que corroboran estas afirmacións, así como lamentou a desinformación que por certos medios se levou a cabo neste tema.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

A PARTIR DO 1 DE AGOSTO
16/04/2024
Publicada a resolución que regula as épocas hábiles de caza 2024-2025

INICIO TEMPADA DE ASEXOS DE CORZO
01/04/2024
Arrinque corceiro

A CAZA TAMÉN VOTA
14/02/2024
A caza para as forzas políticas ante os comicios autonómicos

CURSOS FORMACIÓN FGC
06/10/2023
300 cazadores participan na Escola de Caza 2023 da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza