30 de novembro de -0001
COPA GALICIA RASTRO XABARIL

José Manuel Barreiro, con “Brus”, impúxose en Lalín

O pasado 11 de xuño disputouse no Tecor de Lalín unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril puntuable para a Copa Galicia da especialidade e baixo a organización da Sociedade de Cazadores de Lalín coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Ata un total de 8 monteiros con 11 cans se desprazaron ata a Comarca do Deza para formar parte nesta proba que tivo a Luís Nistal Riadigos como Director da Proba e actuando de xuíces Alejandro González González e Francisco Javier Silva Fontán.

Foi o sabuxo de nome “Brus” propiedade de José Manuel Barreiro Rivadas o que con 237,5 puntos acadou o primeiro posto da clasificación seguido do pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira con “Terco” e 227,5. Completou o podio Francisco Rodeiro Eiras co can “Sil” e un total de 206,5 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.