30 de novembro de -0001
COMPAK SPORTING

O valenciano Cristóbal Jiménez, novo campión do mundo

O tirador galego, Artemio Formoso, quedaba no posto 117 da xeral ao non habe-la categoría de handisport

Santiago, 29 de agosto.- A localidade italiana de Foligno, acollía o último fin de semana de agosto, a celebración do Campionato do Mundo de Compak Sporting, no que participaban 190 tiradores.

O tirador da selección Española, o valenciano Cristóbal Jiménez, actual campión de España da modalidade, impúxose no Campionato do Mundo, mentres que  por Equipos, as donas fixéronse coa prata, os sénior co bronce, e os xuvenís cun cuarto posto.

O tirador da selección galega, Artemio Formoso Barro, participaba na categoría de séniors ao non habe-la categoría específica de handisport na que él compite, acadando o posto 117 da clasificación xeral, con 169 pratos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.