Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUÍCES
Xornada de unificación de criterios dos xuíces de Rastro de Xabaril
9/4/2012

O pasado sábado 31 de marzo tiña lugar na sede da Federación Galega de Caza unha xornada de unificación de criterios e intercambio de impresións entre os xuíces galegos de rastro de xabaril.

Baixo a coordinación do Delegado Autonómico de Rastro, Manuel Martínez, unha vintena de xuíces das diversas categorías, auxiliares, provinciais, autonómicos e nacionais puxeron en común todas as súas experiencias e suxerencias de cara a mellorar, na medida das posibilidades, a calidade das actuación arbitrais nas diversas probas desta especialidade.

A primeira parte da maña estivo adicada a establecer con claridade, como se ten que marcar o rastro previo a realización da proba. Todos coincidiron na necesidade, sempre que se cumpran as condicións para poder facelo, de marcar un rastro que se asemelle o mais posible as andainas propias dun xabaril durante a noite. E dicir, sinuoso, co menor número posible de tramos rectos. A sinalización do mencionado rastro sempre se ten que facer por diante do animal para evitar “pisar o rastro”, e importante ter en conta as condicións meteorolóxicas, xa que estas poden interferir no “asentamento do rastro”. Para marcar o rastro acordouse  non usar en ningún momento “pinturas” que, independentemente de que puideran ou non interferir no olfacto dos cans, deixarían o monte como un auténtico “arco iris”.

Despois da pausa de rigor, fíxose un exhaustivo repaso do regulamento de cans de rastro, puxéronse sobre a mesa todas aquelas dubidas xurdidas principalmente das diversas interpretacións das normas por parte dos xuíces.
Xa para finalizar esta xornada examináronse os diversos apartados da folla de puntuación, unificando todos aqueles criterios que dunha ou outra maneira tiñan influencia nas puntuacións a conceder.

Durante a xornada tamén se destacou o gran nivel que alcanzou en Galicia este tipo de probas nos últimos tempos, requirindo cada día de un maior esforzo a hora de levalas a cabo, e sendo imprescindible para o bo desenrolo das mesmas que o lugar onde se celebren estas probas de rastro, reúna uns requisitos e condicións mínimas para garantir tanto a labor dos xuíces coma a dos cans e participantes.

O bo ambiente e a boa disposición dos asistentes foron o máis destacado dunha xornada que a xuízo de todos debe repetirse tódolos anos, polo ben do “mundo do rastro”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE CAZA ARCEAS
17/01/2022
O título de campión provincial foi para José Antonio Vázquez

CAMPIÓNS LIGA AGILITY 2021
17/01/2022
Campións da Liga Autonómica de Agility 2021

PROVINCIAL CORUÑA DE CAZA DE ARCEAS
15/01/2022
Javier López co setter “Foster” foi o campión provincial

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
09/01/2022
“Zara do Coto da Néboa” de Francisco Santiago obtivo en Muras a mellor calificación na Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza