Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CARNE CAZA
A carne de caza é natural e ecolóxica, criada en liberdade e sen medicar
8/5/2012

A Federación Española de Caza leva traballando máis dunha década na munición substitutiva do chumbo.

Ante o informe do Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimentaria (AESAN), sobre o risco asociado á presenza de chumbo na carne de caza, a Federación Galega de Caza fai un chamamento á serenidade e á prudencia, e entende que é inxustificada a alarma social que se está xerando ao respecto.

A propia AESAN, no seu estudo, recomenda limita-lo consumo semanal deste tipo de carne a 150 gramos, ou o que é o mesmo 8 kg. ao ano, que no caso concreto de Galicia practicamente non se dan consumido. 

O estudio refírese basicamente ao consumo de especies de caza menor, sobre perdices que se comercializan, a maioría delas cazadas en axexo cunha dose de chumbo moi superior ás perdices que se cazan ao salto, caso de Galicia, e mesmo sobre codornices ás cales se lles insertaba de xeito artificial materiais de chumbo.  É posible que a incidencia do chumbo na carne, e no seu posterior tratamento na cociña, non sexa de todo saudable pero a incidencia do mesmo é mínima; aínda así, a Real Federación Española de Caza leva traballando máis dunha década nunha munición substitutiva, de xeito seria e empírica, mesmo colaborando coa Universidade Complutense de Madrid e co prestixioso catedrático Francisco Javier Pérez Trujillo.

E por último, a Federación Galega de Caza tamén amosa a súa sorpresa porque o colectivo non foi invitado a participar no estudio, e a falta de analizar máis polo miúdo o informe, vota de menos a comparativa con outro tipo de alimentos substitutorios, porque precisamente a carne de caza, é natural e ecolóxica, criada en liberdade e sen medicamentos.    

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza