Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SPORTIS 2013
As actividades cinexéticas, dentro do programa inaugural de Sportis 2013
2/5/2013

A cita é en Pontevedra os días 9, 10 e 11 de maio

O xoves 9 de maio, arranca o I Salón Nacional do Deporte, Saúde, Nutrición e Emprego, SPORTIS 2013, que terá por escenario o  Pazo da Cultura e Recinto Feiral de Pontevedra. As actividades programadas pola Federación Galega de Caza desenvolveranse durante esta xornada inaugural. Ás 10 da mañá comezarán as exhibicións de arco a cargo da sociedade pontevedresa de Caza con Arco, e ás 12 horas arrancará a exposición de cetraría a cargo da sociedade Galega de Cetraría, ámbalas-dúas actividades prorrogaranse ao longo de todo o día, interrumpíndose únicamente  ás 13,30  horas para dar paso á Conferencia “¿É a caza un Deporte?” impartida polo Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, que estará acompañado de Martín Romero, un mozo-cazador de Boiro, co-autor dun traballo sobre o Anteproxecto da Lei de Caza de Galicia na Facultade de Ciencias Políticas na que estuda actualmente.

A FGC aproveita para invitar a tódolos cazadores galegos a estas actividades, e pon á súa disposición entradas gratuitas para os federados inteteresados en asistir.

Descargar Programa de Actividades Sportis 2013

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central

EN SILLEDA
29/05/2019
A feira de caza, pesca e natureza Fecap Abanca multiplica actividades na súa sexta edición


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza